A próxima semana, o Concello de Allariz festexará o Día das Letras Galegas con varias actividades para todos os públicos.
A programación comeza cos tradicionais “Cantos de Taberna”, o día 16 de maio, ás 20,30 horas, dende a Praza Maior. Tamén haberá un concerto de “Bule e Ukestra do medio”, a partir das 22,00 horas, na Praza Maior.
O Día das Letras Galegas, o 17 de maio, ás 12,30 horas, haberá un concerto da Banda Unión Musical de Allariz na Alameda. Ás 19,00 horas, na Praza de Abaixo, actuará Nelson Quinteiro co seu espectáculo “Barullo”.
O 18 de maio haberá un Roteiro Temático sobre “Mulleres de Allariz”, ás 18,00 horas, dende a Oficina de Turismo (inscrición previa ata o día 16 de maio).
O Concello de Allariz contará con baile, con música, con lingua e con Luísa Villalta na memoria, para dar a benvida ao Día das Letras Galegas.
Iste ano, o Día das Letras Galegas está dedicado a Luísa Villalta, escritora, filóloga e violinista galega. Escribiu poesía, teatro, narrativa de ficción, ensaio, articulismo e tradución.
Desenvolveu unha intensa actividade cultural: deu seminarios, recitais de poesía e palestras, entre outros. Participou en entidades como a Asociación de Escritores en Lingua Galega, o Foro da Cultura Galega ou A Mesa pola Normalización Lingüística.