FORMACIÓN

A aula Cemit de Xunqueira de Ambía acolle este mes tres cursos

A aula Cemit do Concello de Xunqueira de Ambía acollerá ao longo do mes de maio tres cursos e unha charla sobre as novas tecnoloxías.

A aula Cemit do Concello de Xunqueira de Ambía acollerá ao longo do mes de maio tres cursos e unha charla sobre as novas tecnoloxías. Un dos cursos será de "Iniciación á programación para nenos Scratch", coa que se pretende dar a coñecer aos usuarios a programación empregando a aplicación Scratch. Esta actividade está destinada a nenos e nenas de entre 8 e 12 anos e terá lugar os días 3, 19, 17, 24 e 31 de maio, en horario de 16,00 a 17,00 horas.

O segundo curso titúlase "Exercita a túa memoria" e ofrece unha introducción sobre os pasos para exercitar a memoria empregando as tecnoloxías da comunicación. Esta destinado ao público en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador e terá lugar os días 5, 10, 12, 17, 19, 24, 26 e 31 de maio, entre as 18,00 e as 19,00 horas.

O terceiro curso titúlase "Aplicacións de Google (Drive, Maps, Hangouts)", que dará a coñercer os pasos a seguir para sacarlle o máximo rendemento ás apliccións de Google. Está destinado ó público en xeral que coñeza o uso básico dun ordenador e impatirase os días 12, 17, 19, 24 e 26 de maio, entre as 18,00 e as 19,00 horas.

Por último, o día 31 de maio terá lugar na Aula Cemit, entre as 19,00 e as 20,00 horas, unha charla sobre os pasos para obter o borrador da declaración de Facenda.n

Te puede interesar