ACTIVIDADES DE NADAL

Baños de Molgas abrirá o día 20 a súa programación para o Nadal

Unha visita do Nadal aos nenos e nenas do CEIP, que terá lugar o día 20 de decembro, poñerá en marcha a programación elaborada polo Concello de Baños de Molgas.

 O día 23, ás 18,30 horas, o grupo de teatro Oreteiro poñerá en escena unha adaptaciòn da obra "Aproximacion á muller nociva", representación que será nunha carpa na estación. O sábado 24, O Apalpador visitará aos nenos da vila e percorrerá as rúas a partir das 17,30 horas.

O martes 27, os rapaces que se inscriban previamente no Concello poderán participar nunha visita a Pazolandia. O mércores, 28 de decembro, ás 17,30 horas, haberá contacontos e actividades infantís no Forno de Almoite. O 29 de decembro os contacontos e actividades infantís trasladaranse ó local social de Meamán.

O día 30, ás 18,00 horas, na igrexa parroquial, celebrarase o Concerto e Nadal, coa Coral Ansuiña e o Grupo de Música Tradicional de Molgas.

O 3 de xaneiro haberá actividades para nenos no local social de Baños de Molgas. O día 5, ás 17,00 horas, chegarán os Reis á Estación e o dia 7 celebrarase un torneo de Cachibol no pavillón polideportivo, cos equipos de Baños de Molgas, Maceda, Chaioso e Paderne. Pecha o programa de Nadal do Concello una xornada de interpretación do patrimonio, que terá lugar o día 8 de xaneiro, ás 10,00 horas, en Santa Eufemia de Ambía.

Te puede interesar