Prohíbe circunar a vehículos de máis de oito toneladas por varios viais

O BNG acusa ó alcalde de 'sitiar' un pobo de Ambía

Sinal instalada no vial de acceso a Cerdeira por Abeleda.
O portavoz do BNG no Concello de Xunqueira de Ambía, Xosé Lois Quinta, responsabiliza ó alcalde, Gavilanes Losada, 'do bloqueo ó que ten sometido ao pobo de Cerdeira a causa da limitación da circulación de vehículos, microbuses, autobuses e camións de máis de oito toneladas en tódalas entradas de acceso a dito núcleo.' O grupo nacionalista pedirá explicacións por esta situación, xa que, segundo dí, 'os danos causados a granxas e pequenas industrias empezan a ser cuantitativos, así como as molestias a nenos e pais cara ó desprazamento escolar'.
Por esas circunstancias, o grupo municipal do BNG reclama a retirada de dita sinalización e a reparación de danos 'ás granxas e pequenas industrias ás que íl mesmo concedeu licencia'.

Pola contra, o alcalde de Xunqueira de Ambía, José Luis Gavilanes, sinala ó ser consultado ó respecto que esa sinalización foi decidido en base a informes dos técnicos municipais. Segundo Gavilanes, os viais nos que se colocou a sinalización son pistas de concentración parcelaria 'e dous informes técnicos puxéronnos en alerta de que cando chove moito, inúndanse, co peligro que iso representa. O Concello non prohibe circular, senón que advirten do risco que pode representar en caso de fortes choivas'.

Engade José Luis Gavilanes que 'non é certo que Cerdeira quedase sin accesos, pois hai outros seis ou sete accesos diferentes, estradas, polas que se pode chegar ó pobo'.

Te puede interesar