Día das Letras Galegas

Cantos, contos e mostra de pintura

O artista Emilio Rúa actuará hoxe ás 12,30 horas na praza de abaixo.
photo_camera O artista Emilio Rúa actuará hoxe ás 12,30 horas na praza de abaixo.
A Praza de Abaixo e o Campo dos Brancos acollerán os eventos de hoxe

Allariz festexa o Día das Letras Galegas con un par de actividades para toda a familia. Hoxe martes ás 12,30 horas na Praza de Abaixo, con “Cantos, contos e pedraviva” a cargo de X.C. Caneiro e Emilio Rúa. 

Rúa leva máis de tres décadas no mundo da música, cando empeza con sete anos no grupo musical familiar Concorde Atenea formado polo seu pai e os seus catro irmáns. A súa discografía ao longo de nove discos editados como cantautor desde o ano 2000 conta con máis de 100 cancións publicadas, a maior parte en galego , con temas orixinais do propio autor e versións de temas populares. Importante na voz do autor a poesía dos clásicos galegos como Rosalía de Castro, Celso Emilio Ferreiro, Alvaro Cunqueiro e da poesía actual do escritor Manuel Rivas ou Xosé Carlos Caneiro, este último compartindo libro-disco “Despois de ti, a choiva”.

Ás 19,00 horas, no Campo dos Brancos, comezará o espectáculo “Cantares das Letras”, con Luis Vallecillo. Este evento orientado a un público infantil, está a cargo deste compositor, músico e titiritero, que tamén é técnico superior en animación sociocultural e socio fundador da compañía “A Xanela do Maxín”.

Luis Vallecillo ofrecerá un espectáculo infantil ás 19,00 horas.
Luis Vallecillo ofrecerá un espectáculo infantil ás 19,00 horas.

Ademáis do espectáculo “Cantares das Letras”, Vallecilo tamén autor e produtor de varias pezas para monicreques como “En Busca da arte”, “A Caixa de Nuk” “O Murmurio do Mar” e “Só Fáltalles Halar”, así como coautor e produtor doutras coma “Chincha Rabincha”, “A Pequena Lúa” e “O Rei Destronado”, participando coas mesmas nos distintos circuítos profesionais de Galicia e aos que asistiu a diferentes festivais tales como: Xograres (Córdoba- Arxentina), Titirisanse (Madrid), Galicreques (Santiago), Unima CyL (Soria), Titirideza (Lalín) ou Salta (Arxentina), entre outros. Por lado foi productor á vez que interpretou os contacontos con marionetas “Os Libros do Titiritero” e “ Titeremusicuentos”, sendo neste último o compositor da música que se representa en directo, do mesmo xeito que en “O Murmurio do Mar”.

Exposición

Ata o 27 de maio na Casa da Cultura estará  aberta a exposición “Pinturas e poemas - Florencio Delgado Gurriarán”, organizada Escola Municipal de Pintura.

Te puede interesar