O colectivo Arte Mud inaugura unha exposición na casa de Risco

A Fundación Vicente Risco de Allariz acollerá mañá venres a partir das 21,00 horas o acto de inauguración da exposición 'Mito e horizonte', organizada polo colectivo 'Arte Mud'. A colección, na que se poderán contemplar obras dos artistas Manolo Figueiras, Antonio Soria Rocafort, Xaime Piñeiro, 'Seo', Jesús Costa e Diego Blanco, forma parte do primeiro ciclo de exposicións 'Arte en Risco' e que incluirá a mesa redonda 'Arte e mito' o vindeiro día 4 de maio ás 18,30 horas.
O horario de visita da casa de Risco, ubicada no baixo do número 3 da rúa San Lorenzo de Allariz, é de 18,00 a 21,00 horas os venres, de 12,00 a 14,00 e de 18,00 a 21,00 horas os sábados e os domingos pola maña.

Te puede interesar