ALLARIZ

Color, fantasía e música no Festival de Xardíns de Allariz

A sexta edición do certame abriu as súas portas ao público con doce creacións paisaxísticas

O VI Festival de Xardíns xa florece ao lado do río Arnoia en Allariz. Onte, ás 19,00 horas, abría ó público o recinto que acolle as doce creacións paisaxísticas que conforman este singular certame internacional e que este ano ten a música como fío conductor.

Previamente, ao longo da mañá, desenvolvéronse os actos institucionais da xornada inaugural. A Casa do Concello foi o esceario no que o alcalde Francisco García e os membros do equipo de goberno daban a benvida aos distintos creadores e equipos que traballaron nos xardíns.

No transcurso do mesmo proxectouse un video con unha alocución do presidente do xurado que seleccionou os traballos que participan este ano, o paisaxista portugués Francisco Caldeira Cabral, que non puido estar presente no acto por atoparse de viaxe de traballo en China. Caldeira afirmou que o Festival susténtase "na creatividade dos participantes", resaltando o feito de que acudiron máis de 40 proyectos á convocatoria desta edición "e cada ano é máis complicado elexir aos que entran no concurso". Francisco Caldeira sinalou que os criterios que se seguiron para facer a selección foron a harmonía entre estética e técnica, combinada coa creatividade e a innovación. Seguidamente procedeuse á presentación dos proxectos que participan nesta edición do Festival, coa proxección dun vídeo de cada un, e que culminou con un audiovisual sobre traballo gañador da edición de 2014, do coreano Teakyung Kim.

Pechou o acto o alcalde de Allariz, Francisco García, quen tras felicitar aos participantes pola gran calidade dos seus proxectos, resaltou o potencial que representa o Festival, pois promociona e da a coñecer Allariz por todo o mundo. A continuación, os asistentes á recepción desprazáronse ata ás beiras do Arnoia, á zona do recinto do Festival, onde percorreron cada unha das creacións, nas que os seus promotores apuraban os últimos retoques de cara a que estiveran plenamente rematadas para o momento da apertura ao público.

Ás sete da tarde abríanse as portas do recinto, dando paso ás numerosas persoas que agardaban no exterior, que poideron recorrer e disfrutar na fermosa tarde que obsequiou onte a primavera ás beiras do Arnoia.

As dez creacións presentes este ano no Festival e que participan no concurso son: "Cantos de sirena", de A Coruña; "Recolectando notas", de Zamora; "Armonie interiori", de Italia -creación que está patrocinada por La Región-; "A la imagine de Allariz", de Paraguay; "Sinfonía vegetal", de Barcelona; "Sound Tree", de Portugal; "Sinestesia", de Madrid; "Soundwave", de Austria; "Big Bamboom", de Francia, e "Musicalidade de Bambú", de Barcelona.

A estas hai que engadir o Xardín dos nenos, fóra de concurso e que elaboran escolares de Allariz, así como a creación gañadora do ano pasado, "In-House", do coreanoTaekyung Kym.

Te puede interesar