Esta primeira visita irá seguida doutras co obxectivo de desenvolver proxectos en común

O embaixador de Gambia coñeceu o potencial alaricano

Francisco García habla con el embajador de Gambia, Lang Yabou. (Foto: JOSÉ PAZ)
O Salón de Plenos do Concello de Allariz acollía na mañá de onte o encontro entre os integrantes da Embaixada de Gambia, encabezada polo embaixador Lang Yabou e o alcalde de Allariz, Francisco García, que destacaba que 'Allariz ten unha reducida colonia gambiana en número, pero importante en actividade, implicación, integración e demostración de capacitación para levar a cabo diferentes programas'.
O longo da xornada de onte tiveron lugar as primeiras reunións nas que se abordaron diferentes aspectos nos que materializar esta colaboración. Esta visita vai a ser un punto de partida para un coñecemento das respectivas realidades e a partir de aí abrir as posibilidades de poñer en marcha proxectos de colaboración e cooperación que permitirán afondar no coñecemento dos respectivos pobos.

Pola súa parte, Lang Yabou mostrou o seu interese por colaborar e cooperar co municipio de Allariz en áreas como cultura, desenvolvemento económico e proxectos feitos por mulleres.

O embaixador de Gambia e mais os seus acompañantes visitaron distintos establecimientos alaricanos, onde coñeceron os outlet, así como os productos autóconos elaborados e postos á venda na vila alaricana. Tampouco faltó a visita ó Festival de Xardíns e ós museos da vila. A Embaixada de Gambia repetirá visita en vindeiras fechas, aínda por determinar.

Te puede interesar