As infraccións administrativas aumentaron na vila alaricana

20210614_XLS_Allariz
photo_camera Reunión no Salón de Plenos de Allariz da Xunta Local de Seguridade, presidida por Emilio González e Cristina Cid.

As infraccións administrativas aumentaron durante o pasado 2020 na vila de Allariz, un feito derivado da covid-19 e do incumprimento da normativa que xurdiu a partir da pandemia. Este, e outros datos analizáronse este luns na reunión da Xunta Local de Seguridade á que asistiron, en calidade de presidentes, o subdelegado do Goberno en Ourense, Emilio González e a alcaldesa de Allariz, Cristina Cid e na que tamén se puxo de manifesto que o índice de criminalidade en Allariz mantense en niveis baixos, tanto con respecto ao ano 2020 como nos primeiros meses do 2021. Do mesmo xeito, Emilio González destacou o incremento da actividade da Garda Civil en canto ao número de investigados, que redundou no crecemento da taxa de esclarecemento de delitos. Por contra, o subdelegado sinalou que no tocante aos delitos telemáticos estase a rexistrar un repunte e, neste sentido, alertou da “necesidade de que a cidadanía tome conciencia da importancia de poñer en práctica todas as medidas de seguridade nas compras por Internet”. 

Por último, en canto aos datos presentados pola Unidade contra a Violencia sobre a Muller da Subdelegación do Goberno, actualmente no concello de Allariz hai seis casos activos no Sistema de Seguimento Integral nos casos de Violencia de Xénero (Sistema VioGén) e todos eles presentan risco non apreciado.

Te puede interesar