Licitado o equipamento da escola de Paderne de Allariz

Las instalaciones de la Galiña Azul de Paderne empezaron a construirse en 2019. (P.P.)
photo_camera Las instalaciones de la Galiña Azul de Paderne empezaron a construirse en 2019. (P.P.)
O obxectivo será que poida entrar en funcionamento no mes de setembro

Pouco a pouco, a posta en marcha da Galiña Azul de Paderne de Allariz vai converténdose nunha realidade. O rexedor local, José Manuel Fernández, aseguraba hai uns días que estas instalacións, que se poñerán a disposición dos cativos dos municipios de Parada de Sil, Xunqueira de Espadañedo, Nogueira de Ramuín, Esgos, O Pereiro de Aguiar, San Cibrao das Viñas, Paderne, Xunqueira de Ambía e Baños de Molgas; xa contaban cos primeiros catro cativos inscritos -ofrécense 41 prazas- e recordaba que haberá novos prazos de matriculación -xullo e agosto, e novembro e decembro- aínda que o procedemento terá que levarse a cabo, ata que as oficinas de Paderne estean dispoñibles, na Galiña Azul de Pereiro de Aguiar. 

Por outra banda, dende a Consellería de Política Social anunciaron este venres que está aberto o prazo de licitación para dotar de todo o mobiliario e material necesario a estas instalacións educativas e que parte dos 83.000 euros. As empresas interesadas terán ata o vindeiro día 8 de xuño para presentar as súas candidaturas. 

Segundo puntualizaron dende este departamento autonómico, o orzamento para o equipamento da escola está cofinanciado polo Feder no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. Ademais de dotala do mobiliario necesario para o desenvolvemento do servizo, o contrato inclúe o subministro de instrumentos musicais, artigos deportivos, xogos didácticos, accesorios e aparatos electrodomésticos. A escola contará con 41 prazas repartidas en tres unidades e coa súa entrada en funcionamento melloraranse as posibilidades de conciliación das familias de Paderne e da súa contorna.

Te puede interesar