AXUDAS

Maceda dará axudas para material escolar a nenos de 3 a 6 anos

Así o acordou a corporación municipal na ultima sesión plenaria que celebrou.

O Concello de Maceda convocará axudas para a adquisición de material escolar dirixidas aos alumnos de ensino infantil de3 a 6 anos. Así o acordou a corporación municipal na ultima sesión plenaria que celebrou. A proposta foi formulada polo grupo municipal socialista e foi aprobado por unanimidade, contando co respaldo do Grupo Popular, que goberna o Concello, e do grupo Compromiso por Galicia-Concellos Transparentes.

Segundo puxo de manifesto  Ana María Rodrígez, a concelleira socialista en Maceda, esta proposta tiña como fin "ofrecer aos pais e nais unha axuda para afrontar os numerosos gastos que xera asta etapa escolar e afondar no asentamento poboacional".

A concelleira socialista tamén conseguiu a unanimidade da corporación municipal para buscar solucións ao verquido de augas residuais que se está a rexistrar la localidade de Casasoá.

Outro dos temas para o que reclamou apoio a concelleira do PSOE e que foi aprobado  pola corporación ten como fin o reforzo e drenaxe da ponte sobre o río en Vilar pois, segundo Ana María Rodríguez,"existen diversos informes, entre o da Confederacion Hidrográfica, que indican a falta de seguridade da ponte e a necesidade do seu reforzo", así como que é competencia municipal axecutar esta reparación.

Te puede interesar