Os músicos alaricanos e a Deputación acordan vías de colaboración

José Vega, Manuel Baltar e Luz Doporto
photo_camera José Vega, Manuel Baltar e Luz Doporto durante a xuntanza.
A Administración Provincial cooperará coa entidade, que conta con 100 alumnos, na adquisición de instrumentos.
O director da asociación cultural Unión Musical de Allariz, José Vega, foi recibido este martes polo presidente da Deputación de Ourense, Manuel Baltar e pola diputada e concelleira do Partido Popular en Allariz, Luz Doporto, co obxectivo de tratar vías de cooperación entre ambas entidades. Neste senso, a Administración Provincial colaborará co colectivo alaricano, que conta na actualidade cun cento de músicos, na adquisición de novos instrumentos.

“Acordamos colaborar tendo en conta a destacada traxectoria da banda de música, o interese do seu director e o éxito que ten acadado esta agrupación musical”, afirmou Manuel Baltar. 

Te puede interesar