Poemas e música para celebrar o Día das Letras en Maceda

Proxectarase unha entrevista feita a Florencio Delgado e realizarase unha lectura dos seus poemas. 

O concello de Maceda sumarase á conmemoración do Día das Letras Galegas, que este ano se adicará a Florencio Delgado Gurriarán, con varias iniciativas culturais que terán lugar no centro do municipio. A primeira será a emisión dunha entrevista realizada ao escritor galego durante o ano 1968. 

Por outro lado haberá unha lectura de poemas do autor -a inscrición, neste senso, está aberta a todos os veciños que queiran participar en dita lectura, basta con remitir un correo electrónico ao enderezo [email protected]

O alumnado da Escola Municipal de Música de Maceda será o encargado de poñer a nota musical a un evento que se celebrará nos Xardíns Rosalía de Castro da vila a partir das 12,00 horas da mañá do vindeiro 17 de maio. 

Dende o Concello de Maceda invitan a toda a veciñanza a participar nesta especial conmemoración.

Te puede interesar