POLÍTICA

O PPdeG de Allariz acusa ao goberno do BNG de xerar “un novo catastrazo"

<p></p>
photo_camera Luis Doporto, á dereita da foto, e Francisco García, á esquerda, durante a última sesión plenaria do Concello

Con respecto ao gravame que se paga nos recibos do IBI, Francisco García asegura que en Allariz "págase o mínimo establecido legalmente, o 0,6%, que estableceu por lei o Goberno.

A portavoz do grupo do PPdeG no Concello de Allariz, Luz Doporto, acusa ao goberno nacionalista da vila de provocar "un novo catastrazo", que repercute sobre os petos dos veciños. Doporto afirma que na vila se produciron dous 'catstrazos. O primeiro, a regularización catastral que se fixo e solicita que se revise e se exclúan da base de datos do Catastro "todas as construccións abandonadas ou ruinosas",que nunca se deberon incorporar ó mesmo.

Luz Doporto aprecia un "segundo catrastrazo promovido polo grupo nacionalista de goberno ocasionado polo aumento dos valores catastrais nos tres últimos anos e o aumento previsto para o 2017". Sinala a voceira 'popular' que os alaricanos, especialmente os do medio rural "teñen a maior presión fiscal de todos os municipis da provincia" e responsabiliza deste feiro á "nefasta xestión económica do BNG".

A voceira 'popular' acusa ao alcalde alaricano de "non ter dabondo coa regularización catastral dos anos 2001 a 2013 e o incremento dos valares catastrais dos anos 2014 a 2016, senón que volveu a solicitar un novo aumento dos valores catastrais do 10% para o próximo ano". Para Doporto, con este último incremento solicitado polo alcalde "o aumento do valor catastral de cada recibo será do 46% en catro anos, ao que hai que engadir o aumento do 85% do número de recibos desde 2006 a 2014".

Francisco García, alcalde de Allariz, resposta a Luz Doporto sinalando que "a regularización catastral da que fala a portavoz 'popular' fíxoa o Ministerio de Economía y Hacienda e o Concello o que fixo foi asesorar e facilitar documentación aos veciños para evitar que se deran situacións como as que agora denuncia o PP", e esto permitíu que "en Allariz non se regularizaran alpendres, nin galiñeiros, nin pendellos", afirma.

Con respecto ao gravame que se paga nos recibos do IBI, Francisco García asegura que en Allariz "págase o mínimo establecido legalmente, o 0,6%, que estableceu por lei o Goberno. Foi o PP o que sibíu o mínimo dese gravame do 0,4% ao 0,6%", e insiste o rexedor en que todas as subas que rexistra o IBI veñen impostas polo Goberno. Francisco García acusa ao grupo municipal do PP de intentar crear alarmismo coa suposta presión fiscal do Concello, cando "o que sí está claro é que o nivel dos sevizos que presta o Concello aos veciños está moi por enriba da presión fiscal que soportan".

Te puede interesar