Xurxo Lobato: "Hai que empezar a falar dos Camiños de Santiago, en plural"

xurxo lobato retrato (1)_resultado
photo_camera O fotógrafo Xurxo Lobato.
Académico da Real Academia de Belas artes, Xurxo Lobato (A Coruña, 1956) expón en Allariz -Fundación Vicente Risco- “Os Camiños de Carlos Casares”, 40 fotografías sobre escenarios do camiño vencellados á obra do autor galego e outras imaxes tomadas por Lobato -que publicou máis de 20 libros ao redor do Camiño de Santiago- nos últimos anos. 

En que ano comezou a retratar o Camiño de Santiago? 
Levo dende o ano 1992 retratando o camiño, mellor dito, os camiños. De feito, por Ourense pasa a Vía da Prata. Hai que empezar a falar dos camiños, en plural. 

Perdeu a conta de cantas veces fixo “os camiños”, entón. 

Si (ri). O fixen dende o aire dende Roncesvalles, tamén o do norte en coche por temas profesionais. Pero logo o fixen moitísimas veces andando, os de Galicia prácticamente todos. 

Allariz é a quinta e última para da súa última exposición. 

Si, comezou o Día das Letras Galegas en Mondoñedo e, despois de pasar por Corcubión, Cee, e Catoira; remata en Allariz. Forma un círculo interesante, porque empezou na terra de Álvaro Cunqueiro e temata na casa de Vicente Risco. 

Como está sendo a acollida?

Está tendo unha acollida moi boa. Ten unha gran riqueza visual. 

Fixo o camiño con xente da cultura e con Carlos Casares. 

Foi unha gran experiencia. Casares era un gran tertuliano.

Te puede interesar