LOITA CONTRA INCENDIOS

Bande disporá de motobomba para a loita contra o lume

De cara ao inmediato futuro, está prevista a compra doutras 12 motobombas a finais deste ano e de 12 máis a vindeira primavera

O concello de Bande e os coruñeses de Noia e Ribeira recibiron onte sendas motobombas de mans da Xunta de Galicia para ampliar o dispositivo de loita contra os incendios este verán. As motobombas cedidas aos 3 municipios sinalados súmanse as 57 xa entregadas en marzo pasado a diferentes concellos de toda Galicia e aos propios servizos de extinción da Administración galega, segundo informou a Xunta nun comunicado.

De cara ao inmediato futuro, está prevista a compra doutras 12 motobombas a finais deste ano e de 12 máis a vindeira primavera. Ademais, onte engadíronse ao dispositivo dous vehículos cisterna gran nodriza que permiten transportar grandes cantidades de auga como apoio ás brigadas. Actuarán nas zonas de Ourense e Pontevedra, limítrofes con Portugal, zonas de alto risco potencial de incendios. 

Te puede interesar