Baixa Limia

A Festa do Peixe organiza un campeonato solidario

Baixa Limia

BAIXA LIMIA

A Festa do Peixe organiza un campeonato solidario

Bande acollerá o vindeiro fin de semana esta celebración gastronómica 

A edición número 43 da Festa do Peixe de Bande terá como principal novidade este ano a celebración dun Campeonato Solidario de Pesca, unha proba que ten como obxectivo axudas ás persoas máis necesitadas e na que as capturas serán entregadas ó Banco de Alimentos de Ourense. Así se puxo de manifesto onte na presentación desta celebración gastronómica e cultural, unha das de máis tradición e máis antigas de Galicia, que que se comeza mañá venres e se prolongará o sábado e domingo.

A presentación tivo lugar no centro cultural "Marcos Valcárcel", da Deputación, coa presencia do presidente do organismo Provincial, Manuel Baltar; o alcalde de Bande, José Antonio Armada; un representante do Club do Peixe, José Emilio Rodríguez, e o organizador da proba ciclista de BTT, David Sánchez.

A inauguración oficial da Festa terá lugar mañá venres, ás 20.00 horas e o venres abrirase co tradicional campionato de pesca, para deseguido desenvolver un programa que une gastronomía, tradición e ocio e que contará con mercados de artesanía, stands gastronómicos, exhibición de patinaxe, concerto de acordeóns, a actuación de "Os Bolechas" para os máis cativos, unha ruta cabalar e o acto de entrega de premios nas diferentes competicións.

Outra das novidades deste ano será a celebración o domingo dunha proba ciclista de bicicleta todoterreo (BTT), na que os participantes percorrerán dúas rutas, de 30 e 44 kilómetros.