Lobios acolle unhas xornadas sobre aves galegas ameazadas

A sede do Parque do Xurés, en Lobios, albergou onte a inauguración das "Xornadas sobre a conservación de aves ameazadas de Galicia" organizadas pola Sociedade Galega de Ornitoloxía. Uns 40 profesionais da universidade, técnicos da administración e membros de asociacións ecoloxistas participan este fin de semana no evento organizado para "alertar e facer unha fotografía das especies ameazadas en Galicia e intentar que as administracións tomen medidas ao respecto", resumía o presidente da sociedade, Óscar Rivas, quen enfatizou que "existe un catálogo galego onde aparecen distintas categorías de aves amenazadas, pero non un plan de actuación para revertir esta situación".

Durante dous días, técnicos e profesionais evaluarán o presente e futuro das preto de 20 aves que integran o catálogo galego, entre elas a águia real que, nos últimos anos, participou nun plan de reintrodución con certo éxito no Xurés.

Te puede interesar