En Marea defende a riqueza patrimonial da Baixa Limia

en_marea_result
photo_camera Os membros de En Marea, ante a igrexa de Santa Comba.

Tamén solicitaron reforzar a cooperación coas freiguesías do norte de Portugal e impulsar os recursos turísticos da comarca.

Os deputados de En Marea David Bruzos e Miguel Anxo Fernán Bello reclamaron onte unha maior protección e promoción da riqueza patrimonial da Baixa Limia. Visitaron o Centro Arqueolóxico Aquis Querquennis, á beira das termas romanas e unha das peticións que lle prantexaron os colectivos da zona é que insten ao Ministerio de Medio Ambiente "a que lle esixa a Gas Natural-Fenosa que rebaixe os niveis do encoro, de xeito que as termas e o campamento romano sexan visitables durante todo o ano". Tamén lles amosaron as súas queixas pola contaminación das augas da presa.

Das reunións cos colectivos da comarca recolleron a demanda dunha maior protección "do incalculable patrimonio da comarca", reforzar a cooperación coas freiguesías do norte de Portugal e impulsar os recursos turísticos da comarca.

Te puede interesar