O Ministerio de Medio envía dous avións anfibios e unha brigada

O Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente enviou medios aéreos e terrestres para colaborar coa Comunidade Autónoma de Galicia na extinción dun incendio forestal declarado na tarde do martes na localidade ourensana de Muíños. O lume afecta a unhas 200 hectáreas de superficie, todas elas dentro do Parque Natural Baixa Limia Serra do Xurés.


En concreto, a primeira hora da mañá deste mércores, o Ministerio desprazou á zona dous avións anfibios de 5.500 litros, procedentes da base de Torrejón de Ardoz (Madrid).

Así mesmo, enviouse dende a base de Laza (Ourense) unha brigada contra incendios forestais, que traballa con intensidade para perimetrar o incendio e evitar a súa propagación.

Os medios de extinción traballan, segundo indicou Medio Ambiente, 'cunha climatoloxía adversa' xa que, a pesar das baixas temperaturas do momento, 'a vexetación está moi seca e ten unha ignición bastante significativa'.

Te puede interesar