cultura

Unha mostra de fotos avala o papel da muller no rural

Galería de fotos de mujeres rurales en la muestra "Mulheres" de Lobios.
photo_camera Galería de fotos de mujeres rurales en la muestra "Mulheres" de Lobios.
Despois de pasar por puntos da provincia como Petín, a mostra chega agora ó núcleo de Grou, en Lobios, onde permanecerá durante o mes de agosto

O local da asociación galega de tracción animal, Agatran, inaugurou este mércores a mostra "Mulheres", da fotógrafa luguesa Mercedes Vázquez Saavedra. A mostra recompila imaxes en branco e negro que foron tomadas en diferentes aldeas de Galicia e o Norte de Portugal, maioritariamente retratadas na aldea lusa de Pitoes, no que pretende ser unha reflexión sobre o papel que a muller desenvolve no mundo rural. 

Despois de pasar por puntos da provincia como Petín, a mostra chega agora ó núcleo de Grou, en Lobios, onde permanecerá durante o mes de agosto para amosarlle a veciños e visitantes que estes días se achegan á Baixa Limia os roles desempeñados tradicionalmente polas mulleres neste tipo de entornos a través da mirada de Mercedes Vázquez, natural de Sarria. Nas fotografías poden verse realizando traballos de campo, atendendo ós animais ou coidando da familia. Segundo a propia autora, son mulleres que "teñen moito que contar", calificando ás persoas que aparecen na súa mostra de "xente marabillosa".

Te puede interesar