A conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, desprazouse ata á localidade para visitar as vivendas
A Consellería de Infraestruturas e Vivenda puxo en marcha durante o ano pasado o programa de rehabilitación de vivendas antigamente empregadas para diferentes oficios, como as dos mestres.
Entre os seis concellos galegos que xa recibiron a axuda atópase Bande, onde se destinará á reconstrucción de tres vivendas situadas xunto ao centro escolar da vila.
Durante a xornada deste luns, a conselleira de Infraestruturas e Vivenda, Ethel Vázquez, quixo destacar a boa acollida do programa da Xunta, así como o gran interese que espertou a iniciativa, que pretende potenciar o medio rural e servir como motor de reactivación económica.
A rehabilitación das tres vivendas de Bande suporá un investimento "próximo aos 144.000 euros", dos cales desde a consellería se achegan "108.000 euros", tal e como explicou a conselleira.
As casas destinaranse ao alugueiro para familias con baixos recursos económicos.