Muíños

Veciños de Muíños reeditan a gaceta cultural da Baixa Limia

Foi unha publicación popular impulsada polos veciños da zon

A gaceta cultural Baixa Limia foi unha publicación popular impulsada polos veciños da zona que conseguíu editar catro números entre os anos 1981 e 1982. Este sábado pasado, da man da editorial Aira das Letras e da sociedade Fontefría, Muíños acolleu a presentación da súa reedición.

Un acto no que participaron os impulsores da iniciativa salientando a importancia que o proxecto tivo para a zona naquel momento, coa etapa da democracia recén estreada e nun momento no que a emigración estaba deixando despoboado o rural ourensán e especialmente comarcas como a parte baixa do río Limia.

Sobre a gaceta, os responsables do acto insistiron no mérito de sacar adiante un proxecto "practicamente sen medio materiais e económicos", pero que foi posible gracias a "un equipo de xente sobrada de ilusión e con ganas decomer o mundo".

Do mesmo xeito, precisaron a actualidade dalgúns dos temas tratados nunha publicación que viu a luz hai preto de catro décadas, como son temas culturais ou medioambientais relacionados co patrimonio material e inmaterial da zona.

Te puede interesar