celanova

Ampla oferta estival para os pequenos en toda a comarca

Celanova e A Bola serán os municipios que inauguren esta oferta coa celebración da Semana Creativa e o Campamento Culturlingua

Os diferentes concellos da comarca Terras de Celanova ultiman a oferta lúdica para que os máis pequenos aproveiten as vacacións de verán o máis posible. Celanova e A Bola serán os municipios que inauguren esta oferta coa celebración da Semana Creativa e o Campamento Culturlingua, respectivamente. En ámbolos dous casos, as iniciativas desenvolveranse ó longo da vindeira semana centrándose en traballos culturais no primeiro caso e en actividades artísticas no segundo.

A comezos do vindeiro mes de xullo comezará tamén a proposta lúdica do Concello da Merca, que terá lugar no CEIP Joaquina Gallego Jorreto e está destinado a nenos de entre 3 e 14 anos de idade. Xogos cooperativos, música, deporte, manualidades ou excursións serán algunhas das actividades nas que participen os pequenos. Será durante todo o mes e a primeira quincena de agosto.


Campamento en Ramirás


O 22 de xullo dará inicio o campamento de verán de Ramirás, que se prolongará ata o día 2 de agosto no local de San Andrés, en Vilavidal. As dúas primeiras semanas de agosto son as elixidas polo Concello de Cartelle para celebrar a súa proposta de entretemento para os cativos. Tanto nesta proposta como nas de Ramirás e A Merca está aberto xa o prazo de inscripción para os interesados nas respectivas dependencias municipais.

Te puede interesar