Autor de ‘Os Megatoxos’

Anxo Fariña: ‘Si os nenos engánchanse a leer de pequenos, farano de adultos’

Anxo Fariña, en Celanova. (Foto: Eva Domínguez)
‘Para un escritor é vital o contacto co público’, subliña Anxo Fariña, o autor da saga xuvenil ‘Os Megatoxos’, o que onte visitou os colexios de Bande e Celanova.
O escritor e ilustrador Anxo Fariña visitou onte o colexio Sagrado Corazón de Celanova e o IES Aquis Querquernis de Bande dentro dunha xornada de animación á lectura e de normalización lingüística que a Xunta está a realizar nos centros galegos.

Cal é o obxetivo das charlas?

Anímalos a falar en galego, acercarlles ó mundo da literatura dende un punto de vista diferente e motivalos para que, con catro pautas, escriban as súas propias historias. Todo dende un punto de vista diferente, ameno, divertido e didáctico porque o máis importante e que se enganchen á lectura. Si leen de pequenos farano de maiores.

Que consellos lles das?

Cada rapaz é un mundo con capacidades diferentes, pero o importante é que se esforcen e traballen. Aínda que nun principio as cousas non sempre saen como un quere, pouco a pouco se consiguen.

Qué leva Fariña para a casa?

O contacto co público é vital e máis cos cativos que son moi sinceros e directos. Tanto si lles gusta como si non, eles fancho saber. Precisamente ese foi un dos motivos polo cal creei o blog dos Megatoxos, onde os lectores envíanme os seus dibuxos e opinións sobre a saga. Esta interacción cos rapaces permíteme saber qué lles gusta e qué non. Deles collo moitos consellos.

Que pode adelantar sobre o novo libro dos ‘Megatoxos’?

A próxima semana sae a terceira parte da saga, ‘Os Megatoxos e os templarios da luz’, con importantes novidades para os personaxes principais e no Nadal empezarei a escribir o carto libro.

Ten final esta colección?

Un libro é unha historia libre e, aínda que estou moi contento pola resposta dos lectores, non me gustaría facer moitos, senón que quedasen en sete ou oito. Teño tres finais diferentes e non me acabo de decidir por un.

É difícil ser escritor en Galicia?

Sí. Somos moi poucos e se non vendes, non sigues nesto. Eu teño a inmensa sorte de que teño lectores e, aínda así, teño que combinalo con outros traballos.

Escribirá para adultos?

Xa me tentaron, pero de momento non estou nesa fase e tampoco teño moito tempo. ¡Dende 2004 publiquei 36 libros!

Te puede interesar