O Bloque cuestiona o servizo de auga na Merca

undefined
photo_camera Un dos depósitos da Merca na actualidade.
Fixeron chegar esta situación ao Parlamento galego a través do deputado do BNG por Ourense, Iago Tabarés

O Bloque Nacionalista Galego de A Merca lamenta o xeito no que se presta actualmente o servizo de abastecemento de auga neste concello. Os nacionalistas recordan que, entre a primavera e o outono do pasado ano, os veciños deste entorno sufriron cinco meses “de cortes constantes e continuados no subministro de auga para consumo humano” e que, sen ir máis lonxe, esta situación voltaba a producirse o pasado domingo con cortes, segundo os nacionalistas, en oito aldeas. 

Dende o grupo municipal nacionalista de A Merca amosaron o seu malestar “pola falta de transparencia e información das administracións local e autonómica” e “o abuso do cobro dun servizo que non se presta”, e fixeron chegar esta situación ao Parlamento galego a través do deputado do BNG por Ourense, Iago Tabarés, quen rexistrou o pasado xoves preguntas alusivas ao estado do servizo e tamén sobre actuacións de vixilancia sanitaria e de control de calidade de auga de abastecemento domiciliario na Merca. 

Por último, os nacionalistas censuraron o feito de que o alcalde, José Manuel Garrido, non atribuise a decisión do cambio de punto de captación a unha das alternativas dadas por eles como solución: “Catro anos despois, o alcalde asume a solución que propuxera o BNG”, aseguraron.

Te puede interesar