A Verbena do Rella será o 8 de xuño na praza de Penosiños
A música non faltará na cita organizada polo colectivo Rebulir
O colectivo Rebulir Cultura Tradicional daba a coñecer hai uns días o cartel da nova edición da Verbena do Rella que se celebrará o sábado 8 de xuño no Concello de Ramirás.
A praza da igrexa de San Salvador de Penosiños será, nesta ocasión, o punto de encontro onde veciños e visitantes poderán desfrutar da actuación de grupos ben coñecidos como Os Carunchos, Tanto Nos Ten (TNT), Música Tradicional Furtiva, Lagharteiras, A Requinta De Lampai, Vai de Roda Rianxo, Gaitas e Danzas Airiños de Arnoia, Murga Coelerni, Candaira e o colectivo anfitrión Rebulir Cultura Tradicional. A festa, apuntan dende a organización, será a pé de torreiro como outrora, sen grandes artifícios nin despregamentos e coa música e o baile como protagonistas.
Contenido patrocinado
También te puede interesar
NATURALEZA Y PATRIMONIO
Nuevas rutas turísticas del geodestino Celanova-Xurés
CREACIÓN DE VIVIENDA
2.000 casas vacías en Celanova y solo tres en alquiler
Lo último
RESPONSABLE DE LA WEB DEL DSN
El Gobierno cesa a un cargo del Departamento de Seguridad Nacional tras publicar la cifra de entradas a Ceuta