O BNG de Bande reclama a restitución a carón da Vía Nova do miliario do río Limia

Bande solicitará a Patrimonio a restitución a carón da Vía Nova do miliario que, dende fai anos, utilízase como poldra no río para permitir o paso peatonal entre os núcleos do Ribeiro (Bande) e Lobios de Sever (Porqueira), ante a solicitude do Concello de Porqueira de levalo á torre da Forxa.
O grupo municipal do BNG no Concello de Bande presentou unha moción para o seu debate no vindeiro pleno municipal, no que insta ao grupo de goberno que solicite a Consellería de Cultura a recuperación do miliario que dende fai anos utilízase como poldra para atravesar o río Limia que separa os núcleos do Ribeiro (Concello de Bande) e Lobios de Sever (Porqueira). ‘Os miliarios marcaban a modo de fitos, os puntos kilométricos na Vía Nova, polo que de sobra queda evidenciado o valor arqueolóxico, histórico e simbolóxico para a Vía Nova’, argumenta o portavoz David Pérez quen, ante a recente solicitude da alcaldesa de Porqueira de rescatar o miliario e expoñelo a carón da torre da Forxa, solicita que ‘se coloque no seu lugar unha nova pol dra que faga a función do miliario e que este se expoña á beira da Vía Nova, entre San Fiz e Güin, na reducción de milla correspondente.Pois deste xeito cumple co seu cometido orixinal e axuda á interpretación da calzada romana’, explicou Pérez, quen entende que ‘o miliario é un achadego arqueolóxico dun xacemento concreto, e debe ser devolto’.

Dende o Concello de Bande, o alcalde José Antonio Armada coincidía na necesidade de voltar o miliario o seu emplazamento orixinal, ‘aínda que ese é un tema que le compete a Patrimonio e eles serán os que decidan’.

Te puede interesar