As Bonitas de Sande, no festival luso da máscara

As Bonitas de Sande, do Concello de Cartelle.
photo_camera As Bonitas de Sande, do Concello de Cartelle.
As protagonistas do Entroido de Sande participarán no Festival Internacional da Mascára Ibérica, que se celebra en Lisboa

As Bonitas, protagonistas do Entroido de Sande, Concello de Cartelle, participarán na versión reducida por causa da pandemia do Festival Internacional da Mascára Ibérica (FIMI) que ten lugar en Lisboa no marco de “Lisboa na Rua”, as festas da cidade. O próximo día 4 de setembro, as Bonitas de Sande acompañadas polo Oso e a Vaca, as outras figuras protagonistas do Entroido, visitarán o Museo da Marioneta situado no edificio do Convento das Bernardas. Alí amosaran ao público asistente a súa vestimenta tradicional.

Serán as únicas máscaras participantes da provincia de Ourense, aínda que tamén asistiu ao evento a Banda de Gaitas de Xinzo de Limia, o pasado día 28 de agosto. Dende Galicia tamén pasaron polo “Lisboa na Rua” os entroidos de Samede e A Coruña; e este próximo día 4 de setembro o de Cobres, de Pontevedra, será compañeiro do Entroido de
Sande neste festival que celebra Lisboa dende o ano 2006, co que se potencia o coñecemento, a promoción e a difusión de diferentes aspectos da cultura popular.

Te puede interesar