Candidatura celanovesa ao quinto certamen “aRi(t)mar”

Seleccionáronse dez poemas de artistas portugueses e outros tantos galegos

Baldo Ramos e Carlos Lorenzo, artistas con raíces na vila de Celanova, son dous dos finalistas da quinta edición do certame “aRi(t)mar Galiza Portugal” na categoría de mellores poemas de 2020. A iniciativa da Escola Oficial de Idiomas de Santiago de Compostela, que ten por obxectivo dar a coñecer e difundir a poesía e a música editada en Galiza e en Portugal, escolleu o poema “Chamamento okupa” publicado o ano pasado no libro “No interior do abandono”. 

En total, seleccionáronse dez poemas de artistas portugueses e outros tantos galegos que, ata o vindeiro 7 de maio, competirán por obter o maior número de votos posibles nas súas categorías a través da canle de internet Aritmar.gal. “No interior do abandono” é unha reflexión sobre o despoboamento no rural galego publicado no pasado ano 2020 pola editorial Figurandorecuerdo(s) edicións.

Te puede interesar