FESTIVAL

Celanova acolle mañá o encontro transfronteirizo de Lembranza Solpor

El grupo folclórico Lembranza Solpor durante la actuación.
photo_camera El grupo folclórico Lembranza Solpor durante la actuación.
O grupo ten previsto desenvolver diferentes actos para conmemorar o seu 45 aniversario

“Sons de Irmandade” é o nome do encontro transfronteirizo que este sábado, 20 de abril, organiza o grupo folclórico Lembranza Solpor co gallo dos actos do 45 aniversario, conxuntamente co Concello de Celanova. A actividade comezará ás 12,00 horas co pasarrúas a cargo de “Vai de Vagar” e, unha hora máis tarde, comezará o da “Murga Coelerni”. Pola tarde, a partir das 19,30 horas, terá lugar na Praza Maior o Festival Transfronterizo co grupo folclórico portugués de Cacia e os anfitrións de Lembranza Solpor. A partir das 23,00 horas os actos trasladaranse ao antigo refectorio do Claustro Barroco, co concerto Dúo Folk con Mouriño & Gómez. Ao remate, haberá unha foliada libre. 

Ao longo de todo este ano 2024, Lembranza Solpor ten previsto desenvolver diferentes actos para conmemorar o seu 45 aniversario. Un colectivo que ten una forte pegada na vila de San Rosendo e que está a vivir unha nova etapa con 108 alumnos na escola e catro seccións: cantareiras, murga tradicional, grupo de baile e Banda de Gaitas.

Te puede interesar