OBSERVATORIO ECONÓMICO

Celanova destaca como cuarta comarca con maior xeración de emprego

19.02.15.CELANOVA.CONCELLO.PRES.INORDE.
photo_camera José Manuel Rodríguez González, Xerente de Inorde, acompañado de José Luis Ferro, alcalde de Celanova. (MARCOS ATRIO)

O xerente de Inorde, José Manuel Rodríguez González, explicou este xoves as liñas que se desenrolarán no novo periodo de financiamento europeo

O resumo anual do Observatorio Económico da Deputación Provincial de Ourense tivo lugar no salón de Plenos do Concello de Celanova esta mañá. A presentación foi dirixida polo Xerente de Inorde, José Manuel Rodríguez González, e contou coa asistencia dos alcaldes da comarca, así como empresarios, comerciantes e outros axentes sociais.

José Manuel Rodríguez González precisou que Celanova foi a cuarta comarca da provincia con maior xeración de emprego, situado agora en 4.750. Ademáis convertiuse na terceira comarca máis activa cun ritmo de creación medio de 2,8%, solo superada por Allariz e Viana do Bolo.

O Xerente de Inorde explicou a política que se desenvolverá no novo periodo de financiamento europeo que terá catro liñas maestras: "Ourense Provincia Intelixente", "Ourense Termal", "Competitividade en Ourense" e a nova Axenxia de Enerxía e Medio Ambiente de carácter provincial.

Te puede interesar