Manuel Garrido, alcalde de A Merca: "A autovía a Portugal revitalizaría o Concello"

photo_camera O popular Manuel Garrido afronta o seu segundo e derradeiro mandato con ilusión e con confianza para mellorar o municipio. O PSOE ten dous edís e o BNG, un. Os seus principais retos céntranse no relevo xeracional, e na mellora das infraestruturas de comunicación, como a autovía a Portugal.
O popular Manuel Garrido afronta o seu segundo mandato con ilusión e confianza, centrando os seus retos no impulso das infraestruturas e do Camiño de Santiago

O popular Manuel Garrido afronta o seu segundo -e derradeiro- mandato con ilusión e con confianza para mellorar o municipio. O PSOE ten dous edís e o BNG, un.

Como afronta o mandato?

Con ilusión e con confianza de mellorar porque, máis dificultades das que tivemos ata agora, non imos ter. Persoalmente, como é o último, tratarei de facelo o mellor posible, con educación e bo trato. Non me gustaría que ninguén dirixíseme a orquestra. Non me gusta que o fagan os do meu partido, tampouco os demais.

Por que o deixa?

Pola idade e porque penso que debe de haber renovación. Aquí parece que, a quen lle vai ben, non se vai nunca; e a quen lle vai mal, abúrrese, pero tampouco se vai. Eu penso que hai que deixar sitio á xente que ten gañas e lle gusta.

Cales son as vantaxes de vivir na Merca?

Tranquilidade, natureza, proximidade. De cara aos vindeiros catro anos imos mellorar o tema da seguridade, a encamiñar o tema urbanístico regularizando a nova zona industrial en Matosiños, combater o feísmo, mellorar e manter os servizos. Reforzar a cultura e estreitar lazos co asociacionismo. Estar nunha asociación é un acto de sacrificio, merecen todos os meus respectos e, no básico, nos debería unir o interese xeral. Igual que na comarca: acadar que a autovía acabe en Viana do Castelo e, todo o demais, son historias. 

Como revertir o peche de negocios no rural?

O problema da hostalería veu da falta de relevo xeracional. Unha maneira de reactivala é a declaración xacobea do Camiño de San Rosendo. Non teño dúbidas de que, si algún camiño está ben documentado, é este. A declaración axudaría a reactivar a hostalería e tamén a outros sectores co tema das rehabilitacións. Co respecto aos negocios que pecharon, debemos facilitarlles a tramitación deses cambios legais, desas reformas urbanísticas, para adicarse a outra actividade. 

E no eido turístico?

Seguiremos a fomentar a oferta na Broa, intervir no conxunto de hórreos da Merca, temos orzamento para arranxar un caso de feísmo en Parderrubias e acondicionaremos o muro da igrexa da Mezquita. Tamén temos un proxecto moi bonito con Barbadás e San Cibrao que marcará un punto de inflexión no saneamento do río.

Te puede interesar