Obituario | César Álvarez, xestor da Celanova de aquí e acolá

César Álvarez
photo_camera César Álvarez

O ciclo da vida é inexorable. Tan inexorable como inevitable é a caída das follas dos carballos na invernía, que nun momento dado acaban deixándose conscientes de que caen para estremar o chan e axudar a enriquecer a terra coa súa humilde achega nutricia e así darlle pulo e enerxía renovada ós novos gromos de primavera.

Con César Álvarez vaise un marido, un pai, un sogro, un avó e un tío que hoxe é chorado con bágoas de salitre polos máis próximos, pero tamén é certo que cando o baleiro que a súa marcha acaba de provocar vaia sendo polo solidificado magma das lembranzas, a familia sentirá o orgullo de ter tido na cabeceira a unha persoa que non só non pasou desapercibida, senón que, no seu ambeto inmediato e dende a súa profesión de xestor e asesor de familias enteiras e mesmo de varias xeracións, foi quen de facer o ben entre aqueles que lle confiaron nalgúns casos, incluso o futuro.

A Celanova dos anos sesenta era unha vila de ida e volta, pero non de viaxes de pracer, senón de travesías indefinidas cara mundos descoñecidos e sen billetes de regreso.

Nese contexto, César Álvarez foi quen de servir de conselleiro, de asesor e mesmo de confesor, cando as vidas dos que se achegaban a onda el albiscaban no inmediato a encrucillada da emigración. E non só iso, senón tamén, cando xa realizada a travesía, dende a distancia das terras estranas necesitaban alguén que lles axudase a manter candente a vida que deixaran atrás e que desexaban manter en condicións na procura esperanzada dun regreso.

Xestor de bens particulares, tanto dende a súa xestoria personal, como dende a actividade profesional dunha das primeras entidades bancarias que abriu as súas portas en Celanova, a vida política e social tampouco lle foi allea dende mediados dos anos sesenta ata case mediados os anos setenta, onde Celanova experimentou algúns dos principais cambios urbanísticos que hoxe definen a súa trama urbana, a partir do Plan de Ordenación Urbana de 1968, o segundo que houbo na princial despois do da capital, probablemente cambiáríao todo pola desgracia de ter que ver marchar a un fillo denantes ca el.

Fillo da colleita do ano da República (1931) -coma meu pai-, unha das veces que o vin máis ledo foi -hai xa algúns anos xa e no marco do auditorio muncipal- nun concerto de María do Ceo.

O ciclo da vida é inexorable, como inexorable é que, coa súa marcha vaise indo unha xeración que formaba parte dunha Celanova que tamén pouco a pouco se vai esvaendo.

Te puede interesar