Autores

Antonio Piñeiro

Antonio Piñeiro

2 nov 2026

J. Santa Marina, tabaco, azucre e un tren

J. Santa Marina naceu no Verín de mediados do século XIX e ben novo conseguiu facerse funcionario de Hacienda con destino en Filipinas. En Manila chegou a alcalde, fundou unha fábrica de tabaco e forxou unha inxente fortuna que multiplicou co azucre en Madrid

26 oct 2026

Julio Tizón Diz, un pintor sen palabras

Nacido en San Cristovo de Cea, a súa vida transcorreu entre a aldea natal, Compostela, Madrid, Cáceres, Ourense e o silencio no que se viu sumido dende que viu a luz que aprendeu a fixar nos lenzos ós que lle dedicou a súa silandeira existencia

19 oct 2026

Francisco Estévez e a cruz de Alfonso III

Naceu en Freás de Eiras (Ramirás), irmán do coleccionista de arte en Rosario (Arxentina) Odilo Estévez e farmacéutico en Santiago, en xuño de 1906 foi sospeitoso do roubo da cruz de Alfonso III na catedral compostelá, que nunca foi recuperada

12 oct 2026

Manuel M. Risco, o discípulo do Nobel

A recente concesión do Nobel de Física ó científico belga, Francis Halzen, que contou coa colaboración do galego Enrique Zas, fíxome acordar que entre e pléiade de científicos ourensáns -en moitos casos ignorados- ocupa un lugar preferente Manuel Martínez-Risco Macías, xurdido dunha prestixiosa e prolífica familia de intelectuais e que, de saborear o mel do éxito científico, pasou a cruzar o acedo túnel do infortunio por mor dunha guerra que o condenou a un penoso exilio e a un inxusto anonimato actual.

5 oct 2026

Os apaleados de Celeiros e outras nupcias

O acto do casamento, como boa noticia social e persoal que é para quen o protagoniza, sempre estivo rodeado de troula, balbordo e algarada. Sen embargo, por veces tórcense as tornas do previsto e a festa acaba en liorta, cando non nun drama

28 sep 2026

María Cofán, a Julie Christie española

María Cofán, nacida en Ourense, no fogar dun sarxento de Infantería que tamén tivo destino en Santiago e Ferrol, onde transcorreu parte da súa infancia e adolescencia denantes de viaxar a Madrid e alí facerse mecanógrafa, pero o cine mudoulle a vocación

21 sep 2026

Un suicida “prêt-á-poter” en Ribadavia

Aconteceu na invernía de 1889 na capital do Ribeiro. A prensa local, sen embargo, non se fixo eco. Un transeúnte, un cuarto nunha pensión e unha pistola foron obxecto, escenario e protagonista dun suicidio soterrado no silencio mudo do cemiterio civil. O pasado día dez a comunidade sanitaria, os colectivos de afectados e unha parte da sociedade sensibilizada pola evolución deste vello mal que provoca milleiros de mortes ó cabo do ano, deume pé para exhumar -nunca mellor dito- do arquivo destas crónicas unha historia singular que descoñezo se os ribadavienses conservan na memoria local e que tivo lugar no mes de febreiro de 1889, da que foi protagonista un comerciante francés que chegou á vila e alugou un cuarto nun hostal co único obxectivo de se suicidar.

CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE

Cando os mestres cobraban 1,5 pesetas

Esta é a breve historia dunha carta que en 1911 escribiu un mestre de escola da aldea de Carpazás (Bande) e que acabou inserida no libro de actas do Senado porque o vicepresidente da institución considerou que lle puña voz a unha situación límite

14 sep 2026 - 05:40

7 sep 2026

O tenente Reinoso, un heroe en Tetuán

Era de Olás (A Merca), chamábase Julio Reinoso e logo de servir no rexemento do heroe do Rif, Bernardo Dorado, exercía como tenente miliciano en Ceuta cando o 11 de xuño de 1913 nun combate de once horas segáronlle a vida a el e a 24 máis

31 ago 2026

O crime de Allariz e a prisión de Ceuta

O estado de permanente actualidade e de preconflito no que convive Ceuta fíxome volver a mirada cara aquel histórico lugar a través dun asasino múltiple ourensán que a finais do século XIX estremeceu ó pobo de Allariz con tres homicidios cometidos no cárcere local e acabou penando tódalas cadeas perpetuas ás que foi condenado, na prisión ceutí, a onde ían parar os criminais máis perigosos e onde o goberno da Rexencia quixo converter ós territorios españois de África nun afastado gran correccional.

24 ago 2026

A lutuosa curva do ciclista en Gustei

Na beira dereita da antiga estrada de Ourense, entre Gustei e Cudeiro, consérvase un fito granítico que lembra o tráxico episodio do ciclista Francisco Alomar, quen perdeu alí a vida nun accidente cando xa lle plantaba cara o propio Bahamontes

17 ago 2026

A adulteración do viño no século XIX

Todos lembramos o problema da colza de comezos dos anos 80, que provocou milleiros de mortos en España, así como o “caso do metílico” dos anos 60, que lle afectou especialmente en Ourense. Sen embargo, a “fucsina” perdéusenos no tempo

10 ago 2026

O capelán Figueras, o eclipse e o rei

Naceu en Ourense en 1865, respondía ó nome de Francisco Figueras Fernández e entreverou a vida relixiosa coa militar. Loitou en Filipinas, recibiu a Cruz de San Fernando e gozou da oportunidade de compartir co rei, en Burgos, o eclipse de 1905

3 ago 2026

Emilio Muñiz, crónicas dende Tetuán

Foron moitos os ourensáns que sufriron os embates da guerra e das súas consecuencias nos tempos de Annual. Emilio Muñiz estivo dez meses no batallón Zamora 8 e regalounos unhas crónicas deliciosas que deixou impresas neste xornal

27 jul 2026

Cándida Loureiro e a Galicia remedada

Non estou seguro da súa ascendencia ourensá, pero sei que representou a tantas galegas que, solitarias, procuraron mellor vida no outro lado da terra. Como tamén sei que, sen ser real, entretivo á sociedade arxentina e alporizou á colectividade galega

Carta aberta a un neno e a unha nena

Esta carta aberta está escrita para o futuro e ten como destinatarios unha nena de vinte meses que comeza a pronunciar palabras no seu idioma matriarcal e un neno de dez que ven por trás e que ha seguir dun xeito natural o mesmo itinerario.

25 jul 2026 - 17:00

20 jul 2026

Ramón da Merca, o fillo da Teolinda

Hai xentes nas que pesa tanto a circunstancia do lugar de nacemento, que acaban perdendo os patronímicos e quedan prendidos para sempre ó seu xentilicio. Este é o caso de Ramón Rodríguez Conde, para nós e para todos, “Ramón da Merca”

13 jul 2026

Luís Candendo, agardando un bocadillo

Natural das Cortes (Leiro), con só dezasete anos buscou futuro no País Vasco e atopouno en “Altos Hornos”, ata que o 9 de novembro de 1978 oito disparos a queimarroupa fundírono a negro e convertérono no primeiro ourensán asasinado por ETA

CRÓNICAS DE AGORA E SEMPRE

Corenta segundos na vida dun poeta

En 1966, Celso Emilio Ferreiro aceptou un convite da Hermandad Gallega para impartir unha serie de conferencias en Caracas. Non volveu ata 1973. Polo medio acontecéronlle boas e malas cousas. Incluso lle tocou vivir o terremoto de 1967

06 jul 2026 - 00:40

29 jun 2026

Un estrondoso aniversario na Candelaria

Naceu o 24 de xuño de 1936 e cando chegou á vintena, tentado polo andazo venezolano subiu ó “Santa María” en Vigo e baixou na Guaira coa ilusión de ser alguén nun país no que, xusto nove décadas despois “celebrou” un estrondoso aniversario