Unha queima de restos agrícolas, causa dun incendio en Celanova

O presunto autor estaba a realizar a queima sen adoptar as debidas medidas de precaución

Axentes da Policía Autonómica da xefatura de Ourense veñen de esclarecer un incendio no concello ourensán de Celanova, que se produciu o pasado xoves 27 de maio, no lugar da Ramallosa, na parroquia de Santa María de Fechas.

O lume orixinouse debido a un escape de queima de restos agrícolas que o presunto autor estaba a realizar sen adoptar as debidas medidas de precaución, o que provocou que se propagara polo resto da finca, lindante con superficie forestal e afectando a 0,03 hectáreas de monte raso. Para a súa extinción requiriuse a intervención dun axente e unha motobomba.

No que vai de ano, o Grupo de Incendios da Policía Autonómica investigou a 20 persoas como presuntas autoras de incendios forestais.

Te puede interesar