Rebulir busca candidatos para os premios Cultura Galega

O colectivo Rebulir de Ramirás abriu esta semana o prazo para a presentación de candidaturas para os Premios Rebulir da Cultura Galega. O certame naceu no 2012 como un recoñecemento a persoas e colectivos que contribúen á difusión e posta en valor da cultura galega nas súas diferentes manifestacións. “Un dos aspectos que defende este galardón é a proxección do nome de Galicia alén das súas fronteiras, facendo fincapé no establecemento de vínculos interculturais e de raíz”, subliñan os convocantes, que animan a cidadanía a enviar as súas propostas antes do 10 de xuño de 2022.

As candidaturas poden envialas colectivos ou particulares a través do formulario que se pode atopar na páxina web e, entre todas as que se presenten, o xurado deliberará quenes son os premiados nas categorías de Música Galega, Artes escénicas e Patrimonio e Homenaxe. “Ninguén poderá candidatarse a si mesmo ou a un colectivo do que forme parte. Sempre se terá que facer a terceiros e argumentando os motivos que se alegan para a obtención do galardón na súa respectiva categoría”, subliñan na convocatoria.

A entrega do premio faise no marco da gala central do Festival Internacional Rebulir (FIR) que, no mes de decembro, se celebra no pabellón do Picouto, e consiste na entrega dun diploma e dunha estatuilla identificativa do galardón.

Te puede interesar