Cultura

A bolboretiña do día: superemos o 80

Cultura

A fala dos vellos

A bolboretiña do día: superemos o 80

wordcloudvvv
photo_camerawordcloudvvv

Esta é a entrega dezaoito. En Ourense, en boa parte de Galicia, dicimos “dazaoito”, pero aínda así, entendemos que haxa que escribir “dezaoito” porque está máis próximo do “dez”. O que é raro é o do 8. A xente di toda oito e os seus derivados, oitocentos, oito mil, etc, pero sorpresivamente o castelansimo “ochenta” entrou na fala popular.

Hai xente, moita, que escribe 8.888, pero lería oito mil oitocentos ochenta e oito. Isto, evidentemente fai estrapexar os mortos enxebres nas súas tumbas. Deixémolos descansar. Digamos oitenta -e oitavo- e botemos fóra o ridículo ochenta.