A fala dos vellos

A bolboretiña do día: "Abstéñanse mexiricas"

descarga_resultado

Abstéñanse mexiricas. Déixeno aquí. Vai de palabras grosas. Desterremos o “Coño” do noso vocabulario. (Que o usara sempre Vicente Risco, non chega para validalo).

O que vou dicir halle parecer raro a alguén, pero pénseno e verán que levo razón; falo no nivel de expresividade da lingua, non de anatomía humana. 

“Coño” do castelán, dise en galego “Carallo” e “Carajo” do castelán, dise en galego “Cona”. Explícome. En castelán o taco suave é “Coño” e cando un se enfada moito, di “Carajo”. En galego, ao revés. O taco suave é “Carallo” e cando un se enfada moito di “Cona”. 

Ou sexa, deixen de dicir “coño” todo o día. Digan “carallo” ou “cona”. Ou mellor, moito mellor, non digan grosería ningunha, que quedan como máis señores. Pero de falaren mal, falen ben. Non sei se me explico... 

Te puede interesar