Aceites Abril recibe un dos premios de publicidade en galego

Os anuncios da empresa ourensán Aceites Abril e 'Faite amigo da Catedral', xunto cun reclamo de Radio Lugo, foron galardoados cos XXI Premios de Publicidade en Galego entregados na tarde de onte polo consello Asesor de RTVE-G e CRTVG nun acto que tivo lugar no Parlamento de Galicia.

Concretamente , na categoría de televisión, o anuncio gañador foi o correspondente a 'Maxia Verde", de Aceites Abril, elaborado e presentado pola axencia Imaxe. Na modalidade de internet, foi galardoado o anuncio 'Faite amigo da Catedral' e na publicidade radiofónica, o galardón recaeu no reclamo publicitario 'O Son da nosa fala'.

Te puede interesar