Anxo Lorenzo destaca os Goya a 'Arrugas' e 'Birdboy' como un 'recoñecemento' á 'potencia' do audiovisual galego

O secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, destacou que a concesión do Goya 2001 ao filme 'Arrugas' como Mellor Película de Animación e Mellor Guión adaptado representa 'un recoñecemento' á 'potencia' do audiovisual galego, a animación que se fai en Galicia e ao 'enorme potencial' dos seus guionistas.
Así mesmo, en declaracións aos medios, aplaudiu a distinción de 'Birdboy', que contou no seu equipo cunha parte 'importante' galega para ao elaboración dos seus guión, como Mellor Curtametraxe de Animación Española nos Premios Goya 2012.

Sobre todo, incidiu na concesión do premio ao mellor guión adaptado por tratarse da 'primeira vez' que se outorga a unha película de animación, o que incrementa 'o enorme éxito' de 'Arrugas' co recoñecemento aos seus guionistas, entre eles Ángel de la Cruz.

Te puede interesar