Bolífrono, agüelo, pedriódico ou esparatrapo. Todos sabemos dalgunha palabra mal dita polos nosos nenos o pro sus amigos.

Aprende galego cos Bolechas

Os populares Irmáns Bolechas e o seu can pintan un mural conmemorativo do Día das Letras Galegas
Quen non coñece a Carlos, Loli, Pili, Braulio, Sonia, Tatá e Chispa? Que neno galego non se sentiu identificado con algún deses personaxes que van a un parque ou a unha escola coma a súa.
Os irmáns Bolechas son un modelo divertido que permite asociar a lingua galega a elementos positivos. Despois do éxito acadado coas súas historias en papel, debuxadas e escritas por Pepe Carreiro, e a súa entrada nos fogares galegos dende a televisión, ahora, e ata o vindeiro domingo, todos os seguidores da súa páxina en facebook -www.facebook.com/osbolechas-, poderán partipar no concurso organizado con motivo das Letras Galegas. Os Bolechasqueren facer así unha homenaxe á nosa lingua xogando coas palabras e a súa forma de escribirlas.

Nesta ocasión non se trata de escoller a palabra máis bonita, a intención é divertirse co galego. Cada participante deberá escribir palabras ou expresións mal ditas en galego por os máis cativos que, se ben non son correctas, son curiosas e moi simpáticas. Como din os propios irmáns 'todos descubrimos nalgún momento unha palabra ou frase que, formando parte do noso vocabulario habitual, non é exactamente correcta. Entre todos buscamos palabras e frases mal ditas polos vosos fillos, sobriños, netos... froito de situacións curiosas e graciosas'.

Na súa páxina en facebook, os irmáns Bolechas invitan ós galegos a escribir as súas propias anécdotas de cando eran nenos. En canto as palabras, eles mesmos citan algunhas como bolífrono, agüelo, pedriódico ou esparatrapo.

Para participar só hai que escribir a palabra elexida e conseguir o maior número de votos posible na páxina de facebook dos Bolechas. Os cinco 'descoidos' lingüísticos máis votados entrarán no sorteo dunha Biblioteca Básica Os Bolechas e de catro xogos de sete chapas dos Bolechas. Así, os cinco concursantes máis votados terán regalo seguro. A Biblioteca Básica Os Bolechas é o agasallo estrela. O agraciado será seleccionado mediante sorteo entre os finalistas e os catro participantes que non resulten gañadores serán obsequiados cun xogo de sete chapas dos populares irmáns galegos.

A Biblioteca Os Bolechas é unha das últimas novidades editoriais dos Bolechas. Está formada por doce tomos cun alto valor pedagóxico e ven acompañada da muuulecha, a maleta correcamiños dos Bolechas.

Te puede interesar