Arquitectos comezan a catalogar as igrexas románicas da Ribeira Sacra

Oito arquitectos comezarán hoxe a catalogar 147 templos románicos da zona sur de Lugo -Ribeira Sacra-, datados entre os séculos XI e XIII, un traballo que servirá para editar un novo volume sobre esta provincia da 'Enciclopedia del Románico en España', promovida pola Fundación Santa María la Real.

O presidente da delegación luguesa do Colexio de Arquitectos de Galicia, Raúl Veiga, explicou que este traballo é unha iniciativa da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Universidade da Coruña, que colabora coa Fundación Santa María la Real de Aguilar de Campoo (Palencia), promotora da citada enciclopedia sobre o románico.

Nunhas declaracións á EFE, Veiga confirmou que a delegación luguesa do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, grazas ao acordo alcanzado coa Universidade da Coruña, cederá uns locais na súa sede para que os arquitectos poidan traballar na catalogación dos templos, un labor patrocinado polo Ministerio de Cultura e que se prolongará durante uns noves meses.

Actualmente, a 'Enciclopedia del Románico de España' conta con 35 tomos sobre Castela e León, Cantabria, Navarra, A Rioxa, Asturias e Madrid, en cuxa elaboración participaron máis de trescentos profesionais.

Te puede interesar