Cultura

Arrodeando o Museo de “NÓS"

cccc_resultado
photo_camera Castelao, Dieste e outros persoeiros rianxeiros no Mueso de Nós.

Estase a ir este longo ano 2020. Para a cultura da nosa terra é o do Centenario do nacemento de "NÓS, Boletín Mensual da Cultura Galega", un proxecto colectivo duns intelectuais, de Ourense principalmente, en tempos do Rei Alfonso XIII. Era entón difícil o contexto sociopolítico na posguerra da Grande Guerre e cos efectos da gripe chamada española, unha pandemia. Mais abriu os ollos, e acendeu un facho ilustrado na noite da cultura galega, que non por casualidade Vicente Risco era de Castro Caldelas. O sobranceiro polígrafo viviu na rúa de Santo Domingo, antiga e principal no Ourense da primeira metade do pasado século, e tiña nacido na vella rúa da Paz, a unhas poucas ducias de metros. Aquí, nese mesmo edificio, foi tamén o natalicio de Ramón Otero Pedrayo, quen sería alcumado xa en vida como o “Patriarca das Letras Galegas”. Hoxe loce dúas broncíneas placas conmemorativas, no primeiro andar a de aquel, e no segundo a deste, que vivía aquí. Aínda lembro, sendo pouco máis que adolescente, de acompañalo ata a súa casa cun grupo de persoas no remate dunha conferencia, e deterse a falar no portal coa Marina, a do quiosco, que estaba a pechala porta. O profesor universitario, escritor e poeta, Camilo Fernández casa_natal_de_risco_e_otero_pedrayo_na_rua_da_paz_resultadoGonzález-“Valdehorras” foi adquirindo o edificio na pasada década, e proxectaba unha acción museística de fondo alento que evocase o que uniu aos dous amigos toda a súa vida dende a propia fachada e escaleiras, no interior das antigas vivendas, a memoria destes patrucios de Galicia. Arredor desa circunstancia vital inicial, coa vivenda de Pedrayo na súa benquerida rúa da Paz de Vergara, nome que axuda a explicar a súa querenza polo romanticismo decimonónico. Enfronte dela estaba a de Xaquín Lorenzo, e nas inmediacións, cara o norte, a de Florentino L. Cuevillas, configurándose así  unha raiceira do noso, e dando acubillo ao cerne arredor dos conceptos baseados na nosa lingua galega e unha estética de nación, na que a cultura de nós se uniría á acción política, ideas de modernidade dende o contexto do Modernismo, e por conseguinte do europeísmo.

O Museo de Nós 

Hai en Rianxo un museo dedicado por “Nuco”  (Robustiano Losada Romero, n.1945) a Nós. No baixo da casa deste creador plástico, que comezou dende a madeira cando andaba os mares austrais de Nova Zelandia e Australia, para pasar facer hoxe en día obras en fibra de vidro, foi deixando atrás etapas co óleo, para centrarse de contado na pedra granítica, que abandonou pronto. Unha das súa icónicas obras está no paseo marítimo cara a praia da Torre, catorce persoeiros dende as letras, entre os que están os nosos Curros e Pedrayo. Todos conforman a Santa Compaña. No seu museo teñen presenza propia Alfonso R. Castelao e Rafael Dieste, que comparten protagonismo con Manuel Antonio, Faustino Rey Romero e Xosé María Brea Segade, todos do concello rianxeiro. Alí na vila, nos douscentos metros da célebre Rúa de Abaixo, loce o museo do poeta Manuel Antonio, ao que de contado seguirá o de Dieste, estando previsto de Castelao, onde todos viviron.

Te puede interesar