A Asociación Cultural República das Letras e a editorial El Taller del Poeta presentan en Pontevedra 'Huellas'

A Asociación Cultural República das Letras e a editorial El Taller del Poeta presentarán este mércores en Pontevedra o libro de poemas 'Huellas', e farán o propio o xoves en Vigo.
Segundo informan, ás 20.00 horas deste mércores na Sala Versus de la Fundación Cuña-Casasbellas será a presentación en Pontevedra e o xoves, ás 19.30 horas, na Sala de Exposicións do BBVA en Vigo.

A presentación do libro de poemas 'Huellas', de Antonio Martínez i Ferrer, irá seguida dunha lectura poética a cargo do pontevedrés Luis Maquieira.

Antonio Martínez i Ferrer, valenciano, amigo de Antonio Gamoneda e de Antonio Orihuela, ocupou a maior parte da súa vida na loita contra a ditadura Franquista, perseguido e represaliado polo réxime sufriu o despedimento no seu traballo e o exilio político en Francia, segundo explican os organizadores.

O seu primeiro poemario nace despois de cumprir os 60 anos aínda que dende aquela data á actualidade xa publicou máis dunha decena. Presentará o seu último libro, 'Huellas', publicado pola editorial El Taller del Poeta.

Luis Maquiera, que pasou unha boa parte da súa vida percorrendo e vivindo en numerosos países de Latinoamérica, e que agora reside na cidade de Pontevedra, recitará poemas do seu último libro 'Versos de auga', publicado pola Fundación Cuña-Casasbellas.

Te puede interesar