A bolboretiña

A bolboretiña | Calquera primavera

Habería, como saben, unha certa regra de tres que nos indicaría que as palabras que en castelán acaban en -era, fano en galego en -eira. Así teríamos centos: eira, carreira, obreira, beira, canteira, conselleira, falangueira, etc. etc. etc. Isto é así, porque por fenómenos de formación das linguas, unha forma latina dá nunha lingua unha cousa e noutra, outra. Esas aproximadas regras de tres entre as linguas facilítannos, como saben, moito a aprendizaxe de novas falas. Lembro na escola que nos dicían que se en galego empezaba por efe e en castelán non, levaba hache, faba, haba, etc. Pero nas dúas palabras do título, non acaban en eira, por que non veñen desa terminación latina. Calquera componse de dúas partes, Cal- vén do latín “qualis”, que tipo, cal, e --quera do verbo “quaerer” ou sexa querer. E como o verbo non é “queirer”, pois calquera. E primavera, tamén ten orixe composta. Prima- -antes, como primeira- e -vera, que estaría relacionada con verán. E como non é “veirán”, pois non é “primaveira”. Xa saben, esta primavera que comeza, non vai ser unha calquera; será na que derrotemos o virus.

Te puede interesar