Cultura

A bolboretiña do día | Abarcar e abrazar

undefined

Son palabras moi relacionadas e próximas. As dúas teñen orixe nunha forma latina “ad bracchium”, aos brazos. Polo tanto abarcar é, de partida, o que se pode abrazar, incluso metafóricamente, ou sexa coller cos brazos abertos. E un abrazo é o substantivo que nos evoca esa calor humana que se produce ao apertar a alguén entre os brazos. En galego, por diferencialismo sobre todo, tendeuse a usar o de “abranguer” en vez de abarcar, que non ten exactamente o mesmo significado na literatura do XIX e principios do XX. Antes de imporse o uso moderno, como sinónimo de abarcar, abranguer era “alcanzar algo con dificultade”. 

Así pois, en absoluto abarcar é castelanismo. Tampouco abrazar e abrazo, claro, formas como diciamos, con etimoloxía moi clara e moi nosa, aínda que convivan de vello coas formas “apertas” e “apertar” que significan o mesmo, pero desde outra orixe: a forza empregada para transmitir ese cariñoso abrazo.

Te puede interesar