Bolboretiña do día: os apelidos de Don Ramón

Curioso o que se avanzou na toponimia e o pouco nos apelidos. Modificámoslle o nome legal das aldeas e deixamos de mancar a gorxa cos “Ginzo”, “Pungín”... e os oídos cos “Laroco”, “Ramiranes” ou outros así. Pero nos apelidos seguen: Ginzo, Soto, Masid, Mandianes, Freijanes... Dos tres homes da xeración Nós de Ourense, só un era de raiceiras galegas, Otero; os outros dous eran de familias vidas de fóra como ben se ve nos apelidos (Martínez-Risco e Alonso-Cuevillas). Que Otero é Outeiro é evidentísimo, pero don Ramón nunca se atreveu a usalo. E se Pedrayo debía ser Pedrallo ou Pedraio, é algo máis complicado. 

En galego, as palabras que rematan en -aio, son substantivos (maio, faio, saio) e das que o fan en allo, moitas integran un sufixo derivativo máis ou menos despectivo. De espantar, espantallo; de pingar, pingallo; de refugar, refugallo. Así, unha zona con moita pedra podería dar un despectivo “pedrallo”. O caso é que na toponimia temos algúns exemplos de nomes rematados en -allo, como Peruscallo, Romallo (en Toén), etc. Pero outros en -aio, doutras orixes, como Baldaio, Domaio, etc.

En fin, en Santa Marta de Moreiras hai un lugar que se chama hoxe “Pedraio” e non sei se hai pedra sobra ou ruín, e se foi mal escrito. En calquera caso, hoxe non hai quen se atreva a dicir Ramón Outeiro Pedrallo.  En calquera caso, ao tema dos apelidos cumpría darlle unha volta para facerlles un camiño de volta fácil. 

Te puede interesar