Cultura

A bolboretiña do día | O barullo das vieiras

undefined

Onte faláballes dos baralláns, dos que barallan moito. Pero hai outra xente que molesta. Os barulleiros, os que andan sempre embarullando todo, facendo moito barullo. Esa familia de palabras pasou, como tantas outras, ao castelán. E así, o seu barullo, caos, desorde, ruído, confusión, ten raíces no oeste da península. Eles sempre din que procede do portugués, pero como na comunidade das falas do occidente ibérico coinciden, non sei porque a queren facer lusa en vez de galaica. En fin, dos dous, claro. E non é por barallar nin meter barullo, pero son moitas as achegas galegas ao castelán que andan por aí e non somos conscientes. Hai outra que é moi rechamante. Fíxense. Segundo o dicionario da RAE, vieira (di que é palabra de orixe galega) é "molusco comestible -non di que moi rico- muy común en los mares de Galicia, etc.", pero á vez din que “venera” é “concha de la vieira, semicircular, formada por una valva plana, etc. etc.”

Manda truco! Iso é fiar fino. Ter un nome para o bicho e outro para a cuncha. En fin, cousas das linguas.

Te puede interesar