A bolboretiña do día | Berberechos, navallas e zamburiñas

undefined
Os berberechos están moi ricos. Pero teñen un nome difícil de rastrexar. Berberecho  é a nosa palabra máis usual aínda que tamén lle chaman “croques” en moitos lugares ou “carneiros”. En Portugal impúxose a palabra sur  “berbigão” e esqueceu outras máis próximas ás nosas. Os berberechos viven, como as “ameixas”, “navallas” e “longueiróns”  -estas dúas últimas moi parecdidas, só que algo máis grandes e bastos as segundas- enterrados na area. Por riba dela, movéndose con auga expulsada a presión, están as vieiras, as volandeiras -minivieiras- e as zamburiñas, que son pequenas, oblongas, de cor morado e teñen só unha orella ou aleta na parte estreita. Moi ricas, non hai a penas recolección delas. O que se vende por zamburiñas son en realidade “volandeiras” ou “vieiras do pacífico” cun tamaño entre as volandeiras e as vieiras, cun tons moi morados no interior da cascas e ben ricas, tamén. Por certo que seica parece que o nome de “zamburiñas” vén do seseado “samburiñas” e este de “as anduriñas” de como andan. Sería paralelo ó outro nome das nécoras, “andaricas”.   En fin, todo cousa rica.

Te puede interesar